No corazón do barrio da Magdalena, teño o meu obradoiro de Gaitas. No barrio da Ilustración. Para nada o folk é algo alleo a este barrio ferrolano. Ao lado do meu obradoiro, vai para un século traballaron Ramón Villar Ponte ou Xaime Quintanilla, cando trataban de recuperar a nosa identidade como galegos. Pero Ferrol sempre foi terra de bós gaiteiros. Como Os Veigas, Constantino Bellón, Os Estrobos, Os Raparigos, e tamén meu pai, Manuel García Pereira – Lolete- de onde me ven a outra miña vocación.

Sinto agradecemento a figura do gaiteiro e artesán Antón Varela de quen aprendín o oficio de facer gaitas durante máis de dez anos e por terme chamado no ano 2017 para que me fixese cargo do seu obradoiro.

Estou orgulloso de compaxinar este meu oficio de artesán, coa paixón de tocar a gaita. Sei que o meu traballo, a prol do folklore galego, é moi pequeno, pero como os homes e mulleres da Ilustración, espero dar un paso mais e que sirva para facer da nosa artesanía e da nosa música un referente dentro do universo folk.

gallery/captura de pantalla 2018-02-15 a las 20.16.51

E gostaría que non soio visitedes esta miña páxina web, senón que estaría encantado de atoparvos no meu Obradoiro de Gaitas Marcos, sito na Rúa Magdalena, 184 de Ferrol.

Benvidos